Confirmada a constitución do consello regulador da denominación de orixe protexida Arzúa-Ulloa


O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presidiu a constitución do novo pleno do consello regulador da denominación de orixe protexida (DOP) Arzúa-Ulloa, no marco das renovacións dos órganos de goberno de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario, segundo o establecido na orde da Consellería do Medio Rural publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado no 10 de novembro.

Así, este novo pleno quedou conformado por 3 vogalías correspondentes a Unións Agrarias e a Asociación Agraria de Galicia; outras 3 da lista conxunta Candidatura Independente Pequenas Queixerías da DOP Arzúa-Ulloa e Candidatura Independente Queixerías da DOP Arzúa-Ulloa -as 6 son froito de pactos electorais-; e por outras 3 vogalías de candidatura única para Candidatura Independente Queixerías da DOP Arzúa-Ulloa. Tras a toma de posesión, os vogais aprobaron que a presidencia do consello regulador a asuma Luis Lamas Costa e a vicepresidencia Antonio Ferreiro Ferreiro.