Confirmada a pena de prisión permanente revisable para o Chicle

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou a condena de prisión permanente revisable para José Enrique Abuín Gey polo asasinato de Diana Quer en agosto de 2016, na Pobra do Caramiñal.

O Tribunal Superior di que «non existe duda ningunha» da realidade dos feitos, que foron «debidamente acreditados» na sentenza de primeira instancia.

Os xuíces sosteñen na resolución que o móbil de natureza sexual «corrobórase pola ausencia de calquera outra motivación, unha vez descartada a tese de que a vítima foi trasladada xa sen vida á nave de Asados». Ademais, recalcan que a ausencia doutras alternativas «sensatas, razoables, coherentes e sólidas» reforza «o xuízo lóxico do tribunal».

O alto tribunal asegura que é «incuestionable» que cada un dos feitos  indiciarios en por si «nada determina», pero destaca que o seu conxunto «refórzaos con efecto para considerar a realidade do feito presunto, non a sospeita, senón a plena convicción de que as cousas foron como os feitos declarados probados». 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha