Confirmada a variante india da covid nun segundo buque confinado en Vigo


O servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo confirmou este venres a variante india nos tripulantes positivos en covid-19 do segundo barco confinado nos últimos días no porto de Vigo, o Emerald Leader, con bandeira de Bahamas.

Tal e como informaron fontes do Servizo Galego de Saúde este gromo rexistra un total de 10 persoas contaxiadas. Delas, cinco atópanse hospitalizadas no Hospital Vithas de Vigo, despois de que un novo mariñeiro ingresara este xoves no hospital. De acordo coas mesmas fontes, todos os tripulantes están “estables”.

O resto dos mariñeiros contaxiados, atópanse illados no propio barco. Nos últimos días o servizo de Microbioloxía traballou na secuenciación das mostras dos tripulantes con covid. Ademais deste barco, o porto de Vigo acolleu tamén nos últimos días un segundo, xemelgo do primeiro, en que xa se confirmou a variante india do virus e que finalizou esta semana a súa corentena.