Confirmadas tres novas renovacións no Calvo Xiria BM

1 minutes read
  • Trátase do porteiro Antonio Mato, do lateral Gabriel Castiñeiras, e do xogador de Lalín, Adrián Losón.

O porteiro, Antonio Mato, renova unha tempada máis no Calvo Xiria. O excelente nivel mostrado esta pasada tempada, confirma o ben protexida que está a portería co xoven gardameta.
Antonio cóntanos: «Despois do sabor agridoce co que nos quedamos por non poder rematar esta tempada, a pesar das boas sensacións que estábamos a ter, agardamos que para a tempada seguinte, coa axuda das novas incorporacións, poidamos conseguir os obxectivos propostos.»

Gabriel Castiñeiras

Gabriel seguirá un ano máis formando parte do plantel do Calvo Xiria. O lateral que dou bós momentos este ano e que cada vez sorprende máis co seu característico lanzamento potente, seguirá un ano máis traballando na súa progresión e protagonismo no equipo.

Gabriel comentanos que: «Non creo que ningún dos meus compañeiros se quedara satisfeito ca tempada anterior, finalizando cando nos encontrábamos nun moi bo momento. Por eso esperamos que para a próxima tempada podamos conseguir os obxectivos propostos.»

Adrián Losón

O xogador de Lalín renova unha tempada máis no Calvo Xiria. Losón aportou experiencia e calidade no pivote tras asentarse rápidamente no clube carballés.

Falando da vindeira tempada, Adrián cóntanos que: «Estou moi agradecido por este gran ano co Balonmán Xiria. Creo que a mellor maneira de demostrar todo o cariño que me deu este clube é continuar outra temporada e axudar na loita dos nosos obxectivos.»