Confirmado o cambio de nome do aeroporto de Santiago

Cedida.

A partir de agora será o aeroporto de Santiago Rosalía de Castro. O ministerio de Transportes asinou a orde que confirma o cambio de nome. Rematan así uns trámites de máis de tres anos dende que o parlamento galego aprobara por unanimidade este cambio de nomenclatura. Coa nova denominación querese reivindicar a contribución de Rosalía á literatura universal, e á forxa da identidade de Galicia. O custo de cambiar os rótulos, uns 40.000 euros, asumirano entre as tres administracións implicadas, o concello, a Xunta e o Goberno central, representados no Consorcio de Santiago.