Confirmado o mantemento da prealerta por seca na conca da demarcación Galicia-Costa

1 minutes read

A Oficina Técnica da Seca da Xunta confirmou o mantemento do estado de prealerta en toda a demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, dando continuidade ao seguimento exhaustivo da evolución da situación actual e incidindo na importancia dun consumo responsable e de aforro da auga.

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, presidiu unha nova xuntanza da Oficina Técnica da Seca, na que participan, xunto aos técnicos de Augas de Galicia, representantes de Protección Civil, Meteogalicia e a Consellería do Medio Rural.

Os integrantes da Oficina da Seca reunidos hoxe analizaron o detalle da situación hidrolóxica e meteorolóxica das distintas concas da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, que obrigan a manter a situación de prealerta sobre a base do seguimento dos recursos hídricos existentes, que se manteñen inferiores aos habituais nesta época do ano.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?