Confirmado o primeiro caso de coronavirus en España


Un turista alemán é o primeiro caso confirmado de coronavirus en España. As autoridades sanitarias, que mantiñan a varias persoas en observación, detectaron este caso na illa canaria da Gomera. Fuentes do Ministerio de Sanidade informaron que o paciente se atopa ingresado e illado no hospital Virxe de Guadalupe da illa. Esta persoa forma parte dun grupo de cinco alemáns que a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade do Gobierno de Canarias mantiña en observación desde o mércores pola tarde. Ao parecer dous destes turistas estiveran en contacto en Alemaña cun paciente diagnosticado días despois de infección por coronavirus.