Confirmados oito casos de cepa británica en Galicia

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, confirmou este xoves oito casos de cepa británica de coronavirus en Galicia, segundo explicou, o maior número de casos corresponden aos da zona da Mariña lucense, un total de seis, que, atópanse, segundo precisou, no seu domicilio e en «corentena». «Como calquera outra persona que tivese un positivo por PCR», apuntou. A estes casos, dos que fontes sanitarias xa cualificaran como «compatibles» coa cepa británica, sumou outro en Santiago de Compostela –confirmado hai días polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña– e un oitavo «en Vigo», precisou. Sobre esta cepa, recalcou que é «unha mutación do virus». «Pero nada máis, non hai feitos fehacientes que demostren nada máis», apuntou en relación á posible repercusión do mesmo en canto á capacidade de contaxio ou incidencia na persona afectada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha