Confirmados os primeiros casos de ómicron en Galicia

0 minutes read

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou de que o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo identificou os dous primeiros casos de persoas afectadas pola variante ómicron da covid-19 en Galicia. Ademais, explicou que hai outros dez casos en estudo neste momento. Segundo destacou, «hai algún contacto con outras áreas» da persona que tivo o primeiro positivo da mesma, procedente dunha viaxe a África.