Confirman a condena ao home que asasinou á súa muller en Cabana

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou este xoves a condena de 26 anos e medio de cárcere que a Audiencia Provincial da Coruña, de acordo co veredicto do tribunal do xurado, lle impuxo ao home que asasinou á súa muller de tres disparos por detrás en Cabana de Bergantiños o 19 de agosto de 2018. O alto tribunal galego desestimou o recurso contra o fallo interposto polo sospeitoso e avalou a concorrencia das agravantes de xénero e de parentesco. Os maxistrados destacan que o recorrente pretende «a substitución» dos feitos considerados probados polo xurado polo seu propio relato, «sen chegar a cuestionar as probas e a súa valoración, senón ofrecendo outras e dándolles un sentido diferente». O TSXG rexeita, como solicitaba o sospeitoso, que se tivesen en conta as atenuantes de arrebato ou obcecación, embriaguez e reparación do dano.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha