Confirman a extradición do etarra Josu Ternera a España

O Tribunal Supremo francés confirma a extradición do etarra Josu Ternera a España para poder xulgalo polo seu papel no financiamento da ETA e polo atentando contra a casa cuartel de Zaragoza, que provocou 11 mortos. A decisión é definitiva, xa non cabe recurso. Iso si, a entrega a España non será inmediata. Josu Ternera seguirá en París, baixo control telemático, á espera doutros dous xuízos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha