Confirman os catro anos de prisión a Santi Mina por abuso sexual

1 minutes read

O Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía (TSXA) confirmou a pena de catro anos de prisión imposta ao dianteiro do Celta Santi Mina pola Audiencia Provincial de Almería por abusar sexualmente dunha muller en Mojácar, aínda que estima en parte o seu recurso e rebaixa a indemnización á vítima por danos morais de 50.000 a 25.000 euros. A sección de apelación da Sala Civil e Penal do TSXA ratificou a sentenza da Audiencia de Almería que condenou por un delito de abuso sexual o dianteiro, que se reincorporou o pasado mércores aos adestramentos do Celta. A sentenza do TSXA acepta os feitos probados da resolución da Audiencia de Almería, que relataba os abusos sexuais que se produciron en xullo de 2017 nunha furgoneta “camperizada” que estaba estacionada nas proximidades dunha discoteca de Mojácar, onde pernoitaban e viaxaban os dous acusados con outros dous amigos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?