27
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Comunidade de Madrid confirmaba este sábado a presenza da nova cepa británica da covid-19 en varios casos relacionados con viaxeiros procedentes do Reino Unido.
Segundo Antonio Zapatero, Viceconselleiro de Saúde Pública da Comunidade de Madrid, «confirmamos mediante secuenciación xenómica a presenza de catro casos confirmados desta variante británica na nosa comunidade e que actualmente hai outros tres sospeitosos, que estase a secuenciar o xenoma do virus cuxo resultado estará dispoñible nos vindeiros días».
Dende a Comunidade de Madrid tranquilizaron a poboación indicando que a nova cepa da covid-19 non produce síntomas máis graves, pero si é máis contaxiosa.