O salón de plenos do Concello de Vimianzo acolleu este mércores unha sesión extraordinaria con motivo da conformación do novo equipo de goberno para os próximos catro anos de mandato. En total establécense nove concellarías, ademais da Alcaldía. Durante o pleno aprobáronse tres dedicacións: dúas exclusivas e unha parcial.
Deste xeito, o novo goberno queda configurado da seguinte forma e con estas áreas asignadas:
- Mónica Rodríguez. Alcaldía, Presidencia a área de Persoal e Facenda.
- Víctor Muíño, 1º tenente de alcaldesa. Concellaría de Medio Rural, Medio Ambiente, Servizo de augas e Parque Empresarial.
- María José Pose, 2ª tenenta de alcaldesa. Concellaría de Benestar social, Sanidade, Igualdade e Atención Cidadá.
- Miguel Ángel Pérez, 3º tenente de alcaldesa. Concellaría de Obras, Urbanismo, Servizo de Iluminación e Parque Móbil.
- Rosa Blanco, 4ª tenenta de alcaldesa. Concellaría de Cultura, Patrimonio e Biblioteca.
- Mario Andújar. Concellaría de Ensino, Formación, Emprego, Edificios Municipais e Policía Local.
- Sergio Miñones. Concellaría de Deportes, Mocidade e Festexos.
- Manuel Pose. Concellaría de Ornato Municipal, Protección Civil e Hostelería.
- Beatriz Pazos. Concellaría de Promoción Económica, Turismo, Comercio e Asociacionismo.
- Josefa Campos. Concellaría de Terceira Idade, Familia, Mercados e Consumo.
No pleno aprobouse a designación de tres dedicacións exclusivas: unha para a rexedora, Mónica Rodríguez; e outra para María José Pose, edil de Benestar social, Sanidade, Igualdade e Atención Cidadá. O concelleiro de Obras, Urbanismo, Servizo de Iluminación e Parque Móbil terá unha dedicación parcial (75%).
Doutra banda, fixáronse as periodicidades das sesións do Pleno que se celebrarán con carácter bimestral o último mércores de cada mes impar do ano, as 09:00 horas, no Salón de Plenos.
VOTACIÓNS
No pleno, o reparto de dedicacións contou cos votos a favor do PSOE, o BNG votou en contra e o PP abstívose. A periodicidade das sesións plenarias foi apoiada polo PSOE, mentres que BNG e PP votaron en contra.