Confraría e Concello de Mugardos avalían as necesidades do sector coa Xunta

0 minutes read

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo unha xuntanza de traballo con representantes da confraría de pescadores de Mugardos e co alcalde Juan Domingo de Deus para coñecer as necesidades e inquedanzas do sector da zona e aclarar dúbidas relacionadas coa súa actividade.

Na xuntanza abordaron diferentes asuntos de interese para o sector marítimo-pesqueiro da localidade. Esta reunión enmárcase nos encontros periódicos que a Consellería do Mar mantén co sector para intercambiar impresións cos profesionais do mar de cada zona, analizar e coñecer as súas inquedanzas e buscar o mellor xeito de solucionalos.