Confusión ao un avó tentar reter ao seu neto de 3 anos

O que a priori se correu a voz de que podería ser un intento de rapto dun menor en Razo, non foi tal, o ocorrido é que o avó do neno de idade avanzada e con problemas de saúde, tentouno levar sen consentimento do resto da familia. A noticia correu como a pólvora na zona da praia e os achegados alertaban ao 112 do ocorrido, ao mesmo tempo que a diferentes medios, entre eles nhdiario.es. Ao lugar acudiu unha patrulla da Policía Local de carballo que contribuíu á evacuación en ambulancia do ancián, quedando o menor a cargo do resto da súa familia. Todo quedou nun susto.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha