Congreso internacional para relanzar a Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Foto.- Xunta de Galicia.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, reuniuse en París co embaixador de España na Unesco, José Manuel Rodríguez Uribes, a quen avanzou que a Xunta organizará un congreso internacional na Ribeira Sacra o próximo verán para relanzar a candidatura a Patrimonio da Humanidade desta zona de Lugo e Ourense. Será coa participación de expertos nacionais e internacionais e aberto ao público. A intención é revitalizar unha candidatura sólida e con moitas posibilidades, exemplo representativo dunha paisaxe cultural que ten a pegada de varios momentos da nosa historia e que é, ademais, un modelo destacado de construción do territorio. O conselleiro, que agradeceu ao embaixador a súa receptividade ás propostas de Galicia, convidouno a participar neste congreso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha