Conmemoración dos 75 anos do Teresa Herrera coa edición dun libro sobre a historia do torneo

O libro fai un percorrido por todas as edicións do torneo a través de datos de cada unha das finais, con aliñacións, resultado dos partidos, goleadores e fotos do torneo masculino, ademais da do feminino a partir da edición número 68 (ano 2013), cun apartado de fotos que reflicte momentos inesquecibles do trofeo.

A obra inclúe artigos nos que se contan vivencias de persoas vencelladas ao Teresa Herrera e conta cun apartado para o estadio de Riazor, que cumpre tamén 75 anos, a través dun álbum fotográfico que aporta imaxes inéditas da súa construción e outras que permiten apreciar a evolución experimentada co paso do tempo polo fogar do fútbol coruñés.

No acto de presentación estiveron presentes o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey García, o presidente do Real Club Deportivo da Coruña, Fernando Vidal, o vicepresidente provincial, Xosé Regueira e os concelleiros Juan Ignacio Borrego e Mónica Martínez.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha