Coa iluminación de monumentos emblemáticos conmemórase o Día Mundial do Síndrome de Down

1 minutes read

En decembro de 2011, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 21 de marzo como Día Mundial da Síndrome de Down. Con esta celebración, a Asemblea Xeral quere xerar unha maior conciencia pública sobre a cuestión e lembrar a dignidade inherente, a valía e as valiosas contribucións das persoas con discapacidade intelectual como promotores do benestar e da diversidade das súas comunidades. Así mesmo, quere resaltar a importancia da súa autonomía e independencia individual, en particular a liberdade de tomar as súas propias decisións. Toda Galicia se suma á conmemoración, e por iso, de xeito simultáneo, monumentos significativos galegos acenderon o emblema, como a Torre de Hércules na Coruña, a Catedral de Ourense, a Catedral de Lugo ou o Convento de San Francisco en Pontevedra. Na iluminación da fachada do Concello de Ferrol participou a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro. No acto central en Santiago de Compostela estiveron presentes o presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, e o presidente da asociación compostelá, Juan Martínez. O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, participaron no acendido da Torre do Reloxo, na Catedral de Santiago.