Conmoción e tres días de loito oficial en Cee polo falecemento dun membro da Policía Local

1 minutes read
Foto.- Cedida.

O Concello de Cee declarou tres días de loito oficial, do 27 ao 29 de agosto, polo falecemento de Jesús Manuel García Leal (Manel), membro da Policía Local da vila da Xunqueira que aparecía morto nas dependencias policiais municipais.

Como mostra de respecto e pesar, durante estes días as bandeiras dos edificios municipais ondearán a media hasta e quedarán suspendidos os actos institucionais organizados polo Concello.

A Corporación municipal e todo o persoal municipal trasladan as súas máis sentidas condolencias á súa familia e persoas achegadas, así como aos seus compañeiros e compañeiras da Policía Local.

O Concello de Cee manifesta o seu respecto, afecto e recoñecemento polos servizos prestados polo finado á vila e á súa cidadanía.