Consellos para afrontar o “pico de gripe” en Galicia

Dra. Lara Fontán.

Galicia rexistrou estes días o denominado ‘pico da gripe’, a época do ano na que se dan máis casos e, por tanto, chegan máis persoas afectadas aos centros sanitarios e, especificamente ás consultas de Pneumoloxía. A Dra. Lara Fontán, neumóloga no Hospital HM Modelo da Coruña, confirma que en Galicia “levamos xa un mes cunha alta incidencia debido, sobre todo a procesos gripais que se multiplicaron nos últimos días.

A neumóloga coruñesa explica que “as enfermidades respiratorias danse ao longo de todo o ano pero é despois do nadal cando adoita haber un incremento notable de casos debido a varios factores, entre eles a meteoroloxía e unha alta actividade social, o que provoca máis contaxios”. Esta incidencia reflíctese tanto nas consultas de primaria como nas visitas a Urxencias e nos ingresos hospitalarios, que aumentan nestas datas de forma considerable.

A Dra. Fontán explica que, ante un proceso respiratorio, débese acudir a Urxencias “cando se ten sospeita de que estamos ante algo grave ou algo diferente ao habitual”. A especialista de lembra que “gripe houbo sempre, convivimos con ela desde que o home está na Terra, e para unha persoa sa, sen factores de risco, é unha enfermidade benigna que non debería conlevar visita ao médico”. Os síntomas son facilmente reconocibles: dores musculares, dor de cabeza e de garganta, mocos, tose, malestar xeral e, nalgúns casos malestar gástrico. Normalmente estes síntomas van asociados a febre, que adoita responder ben a antitérmicos e remite en tres ou catro días. Se estamos ante estes síntomas e non hai unha dor importante no peito nin dificultade respiratoria, a gripe “debe manexarse como se fixo toda a vida, e non é necesario acudir a consulta”, explica a doutora. Débese pedir axuda sanitaria se os síntomas persisten máis aló deses tres ou catro días, se o paciente presenta algunha enfermidade crónica ou se se trata de nenos pequenos ou persoas anciás. “Nestes casos falamos de pacientes vulnerables nos que si é necesaria unha maior supervisión, o cal non implica que esteamos ante unha urxencia nin ante unha enfermidade grave”, destaca a Dra. Lara Fontán.

Durante este tempo é importante coidar a hixiene e manter certos hábitos para evitar contaxio, como lavar as mans frecuentemente, especialmente tras soarse, toser ou esbirrar. “É moi frecuente ver as salas de espera das consultas cheas de xente esbirrando e tosiendo sen máscaras e sen cumprir unhas normas básicas de hixiene a pesar de saber que iso é un risco para todos, hai que ser máis solidarios”, sinala a doutora.

A vacina é segura e efectiva

Finalmente a especialista alerta da importancia que ten a vacina contra a gripe e a necesidade de desmontar determinados mitos que existen ao redor dela como que pode provocar a enfermidade. “A vacina da gripe non pode producir gripe”, afirma a Dra. Fontán. Outra das grandes mentiras é a referente á súa protección. “A vacina protexe contra a gripe nun 65% ou 70% dos casos; evita que contraiamos a enfermidade, se a contraemos imos ter menos probabilidades de ter unha complicación e ademais prevén que contaxiemos a outras persoas, polo que ten capacidade para conter a epidemia”, asegura a neumóloga.
HM Hospitais
HM Hospitais é o grupo hospitalario privado de referencia a nivel nacional que basea a súa oferta na excelencia asistencial sumada á investigación, a docencia, a constante innovación tecnolóxica e a publicación de resultados. Dirixido por médicos e con capital 100% español, conta na actualidade con 4.800 traballadores laborais que concentran os seus esforzos en ofrecer unha medicina de calidade e innovadora centrada no coidado da saúde e o benestar dos seus pacientes e familiares.
HM Hospitais está formado por 42 centros asistenciais: 17 hospitais, 4 centros integrais de alta especialización en Oncoloxía, Cardioloxía, Neurociencias e Fertilidade, ademais de 21 policlínicos. Todos eles traballan de maneira coordinada para ofrecer unha xestión integral das necesidades e requirimentos dos seus pacientes. Actualmente, HM Hospitais en Galicia dispón 5 hospitais con máis de 300 camas e 26 quirófanos que responden a todas as especialidades médicas e cirúrxicas e conta coa máis avanzada tecnoloxía de diagnóstico por imaxe. Destacan a UCI de adultos e neonatal, os servizos de urxencias 24 horas e urxencias pediátricas, a medicina nuclear e HM Fertility Center entre outros. Estes recursos veñen sumarse aos do resto do grupo no conxunto de España, todos eles coa maior cualificación técnica e humana.