Conservas Calvo obsequiará aos seus empregados con cheques compra do CCA Carballo

Dende o Centro Comercial Aberto de Carballo (CCA) comunicaban este venres o que definiron como unha moi boa nova para o comercio asociado, xa que Conservas Calvo este Nadal obsequiará aos seus empregados con cheques compra do CCA Carballo.

Cada un dos 470 traballadores recibirá catro cheques de 10 € que deberá consumir nos establecementos adheridos ao CCA Carballo.

Estes cheques serán como un billete de 10 € que os socios descontarán na compra realizada ou servizo demandado e a continuación comunicarano ao CCA que se pasará a facer efectivo o seu pago.

Dende o CCA afirman estar «moi halagados pola confianza depositada por unha gran empresa como Calvo no CCA» e contan con todos para cumplir dun modo eficiente con esta responsabilidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha