Constatado o nacemento de máis de 180 novos exemplares de píllara das dunas en 2022 

1 minutes read

A Xunta constatou o nacemento de máis de 180 novos exemplares de píllara das dunas en 2022 ao abeiro do plan de recuperación desta especie, segundo dixo a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, durante unha xornada técnica sobre medidas de manexo da poboación nidificante desta especie dirixida a axentes facultativos ambientais, vixiantes de recursos naturais e persoal técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. 141 polos naceron en niños localizados nas praias galegas e os restantes 41 son resultado do programa de conservación ex situ que se desenvolve nos centros de recuperación de fauna silvestre de Oleiros e Cotobade. Esta iniciativa consiste na recuperación de niños ameazados por preamares, abandono ou unha elevada presión humana na praia.