Consternación en Malpica pola morte dunha moza e a súa nai con escasas horas de diferenza

1 minutes read

Este pasado venres falecía en Malpica María Martínez García, unha moza de 35 anos, a autopsia desvelará as causas exactas da súa morte, aínda que todo apunta a un trombo próximo a un pulmón. A fatídica casualidade da vida quixo que este domingo pola mañá falecese a súa nai, Alsira García, de 62 anos de idade e enferma de cancro. Ambas eran moi coñecidas na vila mariñeira, onde Alsira e o seu marido rexentaban un local de hostalería denominado O Cachón. A familia solicitou un enterro conxunto que se celebrou ás 8 da tarde deste domingo no cemiterio parroquial de Santa María de Leiloio, tras o funeral de corpo presente.