Consternación pola morte dunha muller a causa dun disparo efectuado polo seu marido en Valencia

Stop violencia de género

  • Con esta morte as vítimas por violencia de xénero neste 2020 xa ascenden a 15

Unha muller de 38 anos faleceu este domingo no hospital La Fe despois de recibir un disparo polo seu marido este pasado venres na localidade de Villanueva de Castellón, na provincia de Valencia. O home sinalou que a arma se disparou soa mentres a limpaba.

A vítima tiña un fillo menor de idade e non hai constancia de denuncias previas contra o presunto agresor por violencia de xénero.

O Ministerio de Igualdade condenou este novo asasinato machista, co que ascenden a 15 as vítimas de violencia de xénero durante este 2020, aumentando a cifra total ata ás 1.048 mulleres asasinadas por este tipo de violencia desde o ano 2003, cando se comezaron a recompilar datos.

A ministra de Igualdade, Irene Montero e a delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero, Vitoria Rosell, consideran estas mortes unha secuela para a sociedade que sinala máis se cabe a urxencia de poñer solución con medios e recursos para evitar novos asasinatos.

Igualdade quixo lembrar que o teléfono 016 conecta co Servizo telefónico de información e de asesoramento xurídico en materia de violencia de xénero.

Related posts

Acordo PP-Vox para gobernar Estremadura catro meses despois da celebración das eleccións

Un accidente de autobús turistico na Gomera deixa 1 morto e 14 feridos

IU, Sumar e Podemos baixo as siglas ‘Por Andalucía’ nas próximas eleccións autonómicas