Constitúese o Consello Asesor do Parque Compostela Rupestre

1 minutes read

O organismo rexirá este xeodestino no que participan os concellos de Compostela, Ames, Brión, Teo e Val do Dubra, estreou imaxe corporativa

A difusión do patrimonio histórico da comarca de Compostela a través da arte rupestre comeza andar. Este venres quedou constituído o Consello Asesor do Parque Compostela Rupestre nunha reunión celebrada no Pazo de Raxoi na que participaron representantes da Deputación da Coruña e os concellos de Santiago, Ames, Brión, Teo e Val do Dubra. Nesta xuntanza deuse a coñecer a imaxe corporativa e a composición do propio Consello Asesor que estará formado pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, un arquitecto da Deputación da Coruña, a arqueóloga do Concello de Santiago, o Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, a Universidade de Santiago, a través do seu departamento de Arqueoloxía; o colectivo A Rula, e os investigadores Raquel Casal e Manuel Santos Estévez.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?