Constituída a mesa sectorial do SERGAS

1 minutes read

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asistiu á constitución da mesa sectorial de negociación do persoal do Servizo Galego de Saúde, composta por 15 membros (cinco do sindicato CIG, catro de CSIF, tres de CCOO e tres de UGT), repartidos en función da representación obtida nas eleccións celebradas en maio.

A reunión prodúcese despois de que se aplicasen na nómina de agosto as novas retribucións acordadas por unanimidade con todos os sindicatos e que incluían tamén melloras nas condicións de traballo coa dotación de 1.393 prazas nos orzamentos do Sergas para os próximos dous anos, o que suporá a redución de 16 días en xornada.

A mesa sectorial ten neste momento o importante reto de executar o maior proceso de estabilización de emprego en 105 categorías diferentes, co obxectivo de non superar o 8% de temporalidade.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?