Constituída en Ferrol a primeira Comisión para a Prevención de Enfermidades Cardiovasculares de Galicia

1 minutes read
  • O concelleiro de Sanidade, Germán Costoya deu a coñecer os detalles do novo órgano municipal, que traballará para evitar estas patoloxías

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Sanidade, que dirixe Germán Costoya, vai constituír a primeira Comisión para a Prevención de Enfermidades Cardiovasculares de Galicia. Así o anunciou este venres o edil durante a presentación do novo organismo, na que estivo acompañado polo presidente da Asociación de Amigos do Corazón (Amicor), Carlos Piñeiro.

Costoya explicou que con motivo da celebración o próximo martes, 29 de setembro, do Día Mundial do Corazón, terá lugar no pazo municipal a primeira reunión da nova comisión na que estará representado, ademais do goberno local e os grupos municipais da oposición que o desexen, o departamento de Cardioloxía do CHUF, a través da súa xefa de servizo, Raquel Marzoa, Amicor, e os servizos municipais de emerxencias — Policía Local, Bombeiros e Protección Civil—.

Tal e como explicou o concelleiro, o obxectivo do novo organismo, o primeiro destas características en Galicia, é “concienciar á poboación sobre as enfermidades cardiovasculares —principal causa de morte no mundo—, os factores de risco e tamén incidir na importancia que ten coidar do noso corazón”.

Do mesmo xeito, a través da nova comisión poñeranse en marcha obradoiros de formación para o persoal dos servizos municipais de emerxencias, posto que “en moitos casos son eles os primeiros en acudir cando se producen este tipo de situacións”, engadiu o edil.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?