Constituído o Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia

1 minutes read

Os integrantes deste Consello Autonómico son mozos de entre 8 e 17 anos procedentes dalgún dos Consellos locais de participación infantil, impulsados por Unicef-Galicia, da Plataforma de Organización da Infancia de Galicia (POIG) e do sistema de protección autonómico. A constitución deste organismo era moi agardado por mozos e entidades que traballan no ámbito da infancia e procura garantir o seu dereito a ter voz propia. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, asegurou que coa súa constitución Galicia avanza na conquista de dereitos para a infancia e permite fomentar o espírito crítico entre a mocidade, ao tempo que se racha cos estereotipos que recaen sobre esta etapa. Neste sentido, apuntou que a nosa Comunidade conta cunha mocidade comprometida, concienciada e con moito que contar e sinalou que o Goberno galego escoitará, atenderá e procurará incorporar todas as súas propostas para mellorar a nosa sociedade.