Constituído o Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores

1 minutes read

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidiu a reunión de constitución do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores, que celebra a súa primeira reunión de traballo tras a recente renovación dos seus membros. 

O Consello ten como funcións asesorar á Consellería na materia, emitir informe sobre os proxectos de disposicións normativas relativas a estas disciplinas ou sobre as propostas de creación ou modificación dos centros públicos que atendan estas ensinanzas.

Así mesmo, fomentará o coñecemento mutuo e o intercambio de información entre os centros que impartan ditas ensinanzas e entre estes e a Administración educativa e realizará estudos e programas de actuacións sobre as materias da súa competencia e, en particular, sobre as necesidades e problemas das ensinanzas artísticas galegas.