Así, este novo pleno quedou conformado por 22 vogalías, das cales 5 corresponden á Asociación Agraria de Galicia; 1 pertence a Unións Agrarias; 2 son do Sindicato Labrego Galego; 2 da Agrupación Profesional de Viticultores Rías Baixas; 1 da Asociación de Adegas Salnés; 7 corresponden á Asociación de Empresarios Bodegueros e Viticultores Rías Baixas e, por último, 4 para a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias. Tras a toma de posesión, os vogais aprobaron que a presidencia do consello regulador a asuma Isidoro Serantes Serantes, novo no cargo; mentres que a vicepresidencia será asumida por Juan Carlos Vázquez Abal, de Carballal Vázquez Abal SL, tamén novo no cargo.