O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presidiu a constitución do novo pleno do consello regulador da indicación xeográfica protexida (IXP) Pataca de Galicia, no marco das renovacións dos órganos de goberno de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario, segundo o establecido na orde da Consellería do Medio Rural publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado no 10 de novembro.
Así, este novo pleno quedou conformado por 10 vogalías; 5 para a Candidatura Independente de Envasadores de Patacas de Galica; 2 para Unións Agrarias; 3 repartidas entre a Asociación Agraria de Galicia, o Sindicato Labrego Galego e a Federación Rural Galega.
Tras a toma de posesión, os vogais aprobaron que a presidencia do consello regulador a asuma José Manuel Gómez Gómez. No tocante á vicepresidencia do sector produtor, será asumida por Amador Díaz Penín; mentres que a vicepresidencia do sector industrial será asumida por Diego Conde Ucha, de Patatas Conde SL.