Constituido oficialmente o Comité Camelia Galicia

1 minutes read

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presidiu a constitución e primeira xuntanza do Comité Camelia Galicia, creado ao abeiro na Orde do 25 de maio de 2020 pola que se establece a ordenación da Ruta dos Xardíns da Camelia. A creación deste órgano permite establecer unha folla de ruta para a promoción, desenvolvemento e consolidación dun dos produtos turísticos máis orixinais e diferenciais do destino Galicia. Castro destacou a calidade da ducia de xardíns públicos e privados que conforman ata agora a Ruta dos Xardíns da Camelia ofrecendo “unha das mellores coleccións de camelia do mundo en contornas privilexiadas que nos permiten gozar dun patrimonio histórico artístico e natural de enorme beleza”.