Consumo confirma que a publicidade das casas de apostas limitarase á madrugada

O ministro de Consumo, Alberto Garzón_Fonte: A Moncloa

  • O ministro de Consumo, Alberto Garzón, tamén avanzou que non haberá patrocinios nos eventos deportivos

O ministro de Consumo, Alberto Garzón, visitou este venres o Museo de Málaga para mostrar o apoio do Goberno ao consumo cultural tras a pandemia. Garzón resaltou que a publicidade dos xogos de azar e das casas de apostas estará limitada finalmente ao horario de 1 a 5 da madrugada e tamén avanzou que non haberá patrocinios nos eventos deportivos.

Antes de iniciar o percorrido, anunciou que o seu gabinete remitiu este xoves á Comisión Europea o novo borrador do proxecto de Real Decreto de Comunicacións Comerciais da actividade do xogo. Este é o último paso antes de que o documento sexa sometido ao Consello de Estado e aprobado polo Consello de Ministros.

O ministro garantiu que o novo proxecto de Real Decreto garantirá «tempo suficiente» para que as empresas que emitían publicidade de apostas adapten os seus obxectivos empresariais e fontes de financiamento.

Todo iso, segundo Garzón, é «un avance substancial» respecto ao borrador orixinal, motivado por «excelentes achegas da sociedade civil e de moitos axentes sociais, que nos permitiron ter un soporte xurídico e melloras incorporadas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha