Consumo impulsará unha etiquetaxe frontal sobre a calidade nutricional dos alimentos

Etiquetas Nutri Score_Fuente: Euronews

  • Desde o ministerio consideran que a publicidade de produtos non saudables dirixida a un público infantil debe ser regulada

O ministro de Consumo, Alberto Garzón, anunciou este venres que o seu gabinete estuda fórmulas para introducir en España o sistema de etiquetaxe frontal sobre a calidade nutricional dos alimentos.

Segundo explicou Garzón, o Goberno de España busca «maximizar a eficacia» a través dun plan que incidirá en catro ámbitos: etiquetaxe, fiscalidade, publicidade e formación e información á cidadanía.

O ministro apuntou as experiencias na etiquetaxe frontal de Chile, Francia ou Portugal que «demostran a eficacia de optar por etiquetas con código de fácil comprensión que axudan ás familias» na toma de decisións nutricionais.

Garzón tamén anunciou que o seu departamento presentará medidas que busquen incentivar o consumo de produtos saudables e desincentivar o de produtos con «certa nocividad» para a saúde.

Ademais, desde Consumo consideran que a información comercial dirixida ao público infantil e que estimule o consumo de produtos non saudables ha de ser regulada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha