- Desde o departamento de Cultura animan aos veciños disfrazarse e encher as rúas e redes sociais de cor e alegría
Está a piques de comezar un dos entroidos máis tradicionais e maxestuosos de toda a Costa da Morte: o Entroido de Carballo. Debido á situación epidemiolóxica, este ano tampouco haberá concurso, pero desde o Concello animan á veciñanza a disfrazarse e a encher de alegría as rúas da vila e as redes sociais usando o cancelo #EntroidoCarballo e etiquetando as contas @CulturaCarballo e @carballomola. «Apostamos por unhas festas baseadas na animación de rúa e na participación, sempre cumprindo coas medidas establecidas polas autoridades sanitarias, e por iso os grandes protagonistas deste Entroido, ademais dos vosos disfraces, serán a música e as actividades infantís», afirman desde a Concellería de Cultura.
Venres 25. Actuación e pasarrúas a cargo da Charanga Santa Compaña (18:30 horas) e proxección do monólogo Aquí tou! de Xosé A. Touriñán na biblioteca Rego da Balsa (20:30 horas).
Sábado 26. Nova actuación da charanga Santa Compaña (12:00 horas) e xogos infantís na Praza do Concello (de 17:00 a 20:00 horas). Se chove trasladaranse as actividades ao Mercado Municipal.
Domingo 27. Actuación e pasarrúas coa Charanga BB+ (17:00 horas).
Luns 28. Obradoiros de Entroido na biblioteca Rego da Balsa: Mural das choqueiradas (11:00 a 13:00 horas) e Psicodélicas lentes xigantes (17:00 a 20:00 horas). Será necesario inscribirse previamente.
Martes 1. Pasarrúas circense Cía Moc Moc (17.00 horas) e actuación con pasarrúas a cargo da Charanga Santa Compaña (18:00 horas). Enterro da Sardiña no palco da música do Parque do Anllóns, cos grupos de teatro de Vagalume Animación (19:30 horas).
Sábado 5. Festival con actuación infantil das Tanchugeiras de Cances e baile con Rocío Pérez no centro social de Cances (20:00 horas).