Co mes de marzo a piques de rematar, chega á biblioteca a ratiña Carolina para amosarnos “Un invento para chegar ao ceo”, o novo contacontos da compañía TrinkeTrinke Teatro para promover a animación á lectura entre os máis pequenos/as da casa.
Reserva xa o teu convite e achégate con eles/as a desfrutar dunha tarde de contos, risas e moita imaxinación cos ratos de Lonxedetodo.
Público: Nenos e nenas de 3 a 8 anos, ó 27 de marzo na Biblioteca Rego da Balsa.
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo. Reservar convite
Organiza: Concellaría de Cultura