Contacontos infantil este mércores na Biblioteca Rego da Balsa

Cedida.

A gran Lilí Gruyére chegará este mércores a Carballo, procedente de Lonxedetodo, disposta a arrincar o sorriso e o amor pola lectura aos máis pequenos/as da casa cun novo e sorprendente contacontos infatil titulado “O Coelliño Branco”.

Sinopse: A gran Lilí Gruyére atopou un coelliño branco. Adoptouno e levouno para Lonxedetodo. Falando con el enterouse que é o protagonista dun conto e que tamén traballou como axudante de mago!

Se queres saber como remata esta historia, non esquezas recoller o teu convite canto antes na biblioteca. E para que todos/as poidades asistir, lembrade que haberá dous pases. O primeiro, ás 17.00 horas, e o segundo, ás 18.30 horas. A entrada e libre e de balde ata completar aforo.