Contaxiados oito usuarios dunha residencia de Culleredo

1 minutes read

As probas realizadas en Culleredo deixan un balance de oito positivos entre os maiores que estaban na planta da residencia en que traballaba unha profesional afectada que este sábado deu positivo. A área da Coruña, que reúne máis do 60% dos casos de Galicia, comeza este luns o cribado con probas en Abegondo e Bergondo, e despois ao longo da semana continuarán noutros concellos da área sanitaria. Entre os colectivos aos que se lle realizarán estas probas estarían aquelas persoas incluídas no grupo de idade de entre 18 e 40 anos. O obxectivo final do cribado é localizar pacientes asintomáticos que poderían transmitir a enfermidade sen sabelo. Unha muller de 86 anos que tiña patoloxías previas e que estaba ingresada no Complexo Hospitalario da Coruña foi a última vítima mortal en Galicia. O sesenta por cento de tódolos casos de Galicia danse agora na área sanitaria da Coruña-Cee, onde tamén está máis do 76 por cento de tódolos hospitalizados na comunidade.