Continúa a busca do mozo portugués desaparecido no río Miño

1 minutes read
  • Unha chamada ao 112 Galicia este pasado martes alertaba que o mozo esvarara ao río e fora arrastrado pola corrente

Prosegue a cooperación galaico-portuguesa na procura do mozo que a noite do pasado martes caeu ao Miño en Melgaço (Portugal).

Así, equipos de rescate dunha e outra marxe do río retomaron este xoves os traballos de busca coa previsión de que, co paso das horas, se vaian incorporando otros recursos como o Servizo de Gardacostas de Galicia.

Arestora, operan na zona persoal das Comandancias navais galaico-portuguesas e servizos de seguridade do país veciño. En concreto, están a empregar un helicóptero para revisar a parte portuguesa, mentres que a previsión é que máis tarde se incorporen recursos do Servizo de Gardacostas para inspeccionar o lado galego.

Cómpre lembrar que o mozo portugués puido esvarar e caer ao río cando se atopaba na beira de Remoães. A chamada de alerta entrou no 112 Galicia sobre as 19:00 horas cando un compañeiro da vítima aclaraba que este caera e que fora arrastrado pola corrente.