- Quen desexe participar debe contactar con Servizos Sociais do Concello de Cee
Continúa a campaña de axuda á poboación ucraína a través de Victor M. Duarte Edreira, un veciño da localidade de Cee afincado en Polonia. A iniciativa púxose en marcha o pasado 11 de marzo e quen desexe participar debe poñerse en contacto con Servizos Sociais do Concello de Cee chamando ao 981 74 51 00.
En relación aos recursos de vivenda dispoñibles, desde a Administración local sinalan que serán xestionados a través da Federación Galega de Municipios e Provincias-FEGAMP, limitándose o Concello a trasladar a información requerida por dito organismo.