Continúa a mala racha do Sofán


O Sofán volveu a perder este domingo na casa, neste caso ante o Ourense C. F. por 1-4. O peor é que a SD xa encadea catro derrotas seguidas desde o seu debut en Terceira División. O Sofán comezou mal e perdendo desde o minuto 1, tras un erro defensivo. No minuto 18 tras unha lucidez lograba empatar o encontro por mediación de Mira, 1-1, así se chegaría ao descanso.

Na segunda parte, Hurtado pon o 1-2 no minuto 47 nunha situación dubidosa. A SD moveu o banco para ter máis profundidade pero as chegadas sobre a meta de Marqueta non se materializaban. Xa no tramo final rompeu o partido, primeiro nunha contra que finaliza Palmás no minuto 87 e xa no desconto nunha falta lateral que finaliza Kanteh para o definitivo 1-4.