Continúa a mellora de viarios no centro histórico de Betanzos

Obras Betanzos_Arquivo.

O goberno local de Betanzos continúa co plan de mellora de viarios no centro histórico cunha actuación na rúa Nova e na rúa do Hórreo. Con elas, dáse continuidade a actuacións similares realizadas nesta mesma zona, segundo explicou  a alcaldesa, María Barral, que visitou os traballos xunto ao concelleiro de Obras, Diego Fernández e o persoal técnico municipal. A adxudicación  está incluída no Plan Único 2019 que se financia conxuntamente coa Deputación Provincial.

Os traballos prevén o derrubamento do pavimento actual, así como a escavación de gabias para a colocación dos novos servizos de saneamento, pluviais e abastecemento, dentro dun proxecto que pretende contribuír a reforzar os valores arquitectónicos e espaciais contribuíndo así á súa revalorización patrimonial, social e turística, ademais por suposto de optimizar o funcionamento das instalacións urbanas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha