Continúa a procura dun home caído ao mar desde unha embarcación no Portiño, A Coruña

Salvamento Marítimo continúa coa procura dun home de 65 anos caído ao mar este martes desde unha embarcación de recreo na zona do Portiño, na Coruña. Con el navegaban outras dúas persoas que deron o aviso ás 18.30 horas cando se achaban á altura da enseada do Orzán. Estaban a regresar desde a zona do Porto Exterior de Punta Langosteira rumbo ao Portiño. Segundo o testemuño dos dous alertantes, a última vez que son conscientes de ver ao desaparecido atopábase sentado na popa.
De inmediato, o Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo da Coruña coordinou un dispositivo de procura marítimo e aéreo formado pola Salvamar Betelgeuse, o Helimer 402 e as dúas unidades marítimas de Bombeiros da Coruña. Tamén se realizou procura por terra con axentes da Policía Nacional, policías locais da Coruña e Arteixo e Protección Civil de Arteixo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha