Ao igual que estas pasadas semanas, a empresa Collecting Oil achegarase estes días a diferentes puntos do concello de Malpica para proceder á recollida de residuos urbanos especiais como aceite de cociña usado, pilas e baterías, bombillas, pequenos electrodomésticos, consumibles de impresoras, roupa e elementos metálicos como tixolas, potas ou bandexas entre outros.
Luns 20: estrada DP-4307 dende Malpica ata Seaia, Travesía 2 A Camuza, Travesía 3 A Camuza C, Cancela de Areas, Vista, Pedrediña e Camiño da Vista.
Martes 21: estrada DP-4305 cara Santiso, Santiso, Pontella, estrada DP-4307 dende Seaia ata Beo, Cova, Castiñeiro, Sorrío, A Fonte Dorta, O Petón, rúa A Horta Nova, O Seixo, A Orxeira e estrada Santo Hadrián.
Mércores 22: Beo, Vigo, estrada DP-4307 dende Beo ata Seiruga e Seiruga.
Xoves 23: Seiruga, Campelo e Barizo.
O día da recollida, os residuos deberanse deixar nun lugar accesible antes das 09:00 horas. Máis información chamando ao 639 920 936.