Continúa aberto o prazo para crear unha bandeirola que vista o MACCMO de Corme

1 minutes read
  • Os traballos deberán entregarse o 15 de agosto como data límite

Este martes 10 de agosto remata o prazo para poder participar no proceso de creación dunha bandeirola ou cartel que vista a fachada do Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte-MACCMO de Corme, en Ponteceso.

A iniciativa está dirixida a calquera participante. A temática da obra é libre agás «temas publicitarios, políticos, obscenos, ofensivos ou calquera outro que poida ferir a sensibilidade», sinalan desde o MACCMO, animando ademais á veciñanza a que deixe a súa pegada artística. Tamén terá cabida calquera estilo artístico.

As persoas que desexen participar nesta iniciativa poderán recoller o soporte no que realizarán a súa obra, unha lona de 35×35 cm, antes do día 10 de agosto, se ben a data límite para entregar o traballo será o 15.