Continúa aberto o prazo para os cursos de informática do Vimiverán

1 minutes read

O vindeiro xoves, 3 de agosto, dará comezo a segunda quenda dos cursos de informática postos en marcha desde o Concello de Vimianzo co obxectivo de que a xente máis nova poida adquirir coñecementos de ofimática ou novas tecnoloxías para o seu interese persoal ou lectivo. O prazo para inscribirse rematará este venres, 28 de xullo.

Durante as sesións, enmarcadas na programación do Vimiverán e que se levan desenvolvendo durante todo este mes na Aula Cemit da Casa da Cultura, a rapazada aprende nocións sobre ofimática, mecanografía e tamén tecnoloxías innovadoras. Neste último caso as actividades céntranse na impresión 3D, domótica, manexo de drons ou uso de gafas virtuais, entre outros.

As actividades son de balde e será necesario preinscribirse na Casa da Cultura, en horario de mañá, ou na seguinte ligazón: http://concellovimianzo.ddns.net/veran/VimiVeran.dll. Terán preferencia as persoas empadroadas no municipio.