- A situación sanitaria impide realizar a plantación colectiva prevista con motivo do próximo Día da Árbore
Este martes, 26 de xaneiro, celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental co fin de sensibilizar á sociedade sobre a fina liña que existe entre o desenvolvemento humano e a conservación do planeta. Un dos obxectivos desta celebración é “sementar valores medioambientais”, e dende o Concello de Carballo quixeron colaborar nesa semente a través dos “fillos” da súa árbore senlleira: o Carballo de Vilar de Francos. Por este motivo estenden durante este 2021 a iniciativa de plantar un por cada nacemento.
O Instituto Nacional de Estatística comunicou 189 nacementos no ano 2020 sen contabilizar os do mes de decembro, polo que desde o Concello agardan acadar os 200. A maioría das familias que se achegaron para empadroar aos seus fillos en Carballo participaron na iniciativa municipal, ben plantando un herdeiro do carballo de San Antón ou ben participando nunha plantación colectiva con motivo do Día da Árbore.
A plantación deste ano non poderá realizares dada a situación sanitaria provocada pola Covid-19, pero desde o Concello agardan seguir sementando durante o próximo ano.