Continúa o aumento dos casos de Covid-19 na residencia DomusVi de Vimianzo

0 minutes read

Este luns contabilizáronse 52 casos activos por coronavirus, 17 máis que este domingo, na residencia DomusVi de Vimianzo. O centro de maiores é o que máis casos rexistra a día de hoxe en Galicia, con varias persoas ingresadas no hospital.

En canto á situación nas residencias de maiores galegas, a Xunta contabilizou este luns 117 usuarios contaxiados e 130 traballadores.