Continúa o camiño da Maleta Viaxeira por Vimianzo

0 minutes read

A iniciativa da Subdelegación do Goberno na Coruña, ‘MAVI’, a Maleta Viaxeira, continúa o seu camiño, esta vez cara a Escola Unitaria de Carantoña, onde este luns a recibiron as pequenas e pequenos que alí estudan. 

Acompañaron ás crianzas Xiomara Lazo, axente de Igualdade do Concello de Vimianzo, e María José Pose, concelleira de Benestar Social. 

Desde o Concello de Vimianzo agradecen o acompañamento das mamás na actividade, que amosaron en todo momento o seu compromiso con este proxecto.